Noticias - Facultad de Filología

Proxección e coloquio serie "Amenia 3.0" no Centro Gallego de Madrid

28 feb 2022 - 10:57 CET

Proxección e coloquio o 28 de febreiro ás 19:30 no Centro Gallego de Madrid (metro SOL) de entrada gratuita. 

 

265-C érguese cada mañá para seguir o plan de actividades que marca a súa axenda, como calquera de nós. Só que ela non lembra o día de onte. Un software implantado no cerebro humano borra a memoria a curto prazo cada noite, así as persoas poden desenvolver as súas funcións dentro do sistema na engrenaxe perfecta, sen pensar nin preguntarse.

Porén, hai quen sobrevive na marxe. Son excluídxs, habitantes das Estremas. Nómades ancoradxs á tradición que foxen dese control e atesouran os vestixios dun pasado sepultado. Fiz e Lía farán estourar a normalidade ao entrar na vida de 265-C, tratando mediante unha tecnoloxía arcaica de reverter o seu bloqueo e facerlle recordar. Ao tempo, as súas accións son perseguidas por un anónimo inspector do Departamento de Seguridade Global.

Proxección e coloquio serie "Amenia 3.0" no Centro Gallego de Madrid - 1

Volver »