Noticias - Facultad de Filología

Obradoiro galego-portugués peninsular-portugués brasileiro

16 sep 2024 - 14:35 CET

 Celebrado o 26 de outubro, no marco da Semana de las Lenguas da Complutense, entre as 10:30 e as 11:30, as profesoras de galego (Clara García), portugués peninsular (María Colom) e portugués brasileiro (Sandra Teixeira) realizaron no Salón de Graos do Edificio A da Universidade Complutense de Madrid esta actividade na que se ofreceu unha comparativa entre as tres variedades, para amosar as semellanzas e as diferenzas gramaticais que existen entre elas. Tras isto, houbo un pequeno espazo no que se animou ao alumnado a que traducise o texto (ofrecido en galego e portugués) ao castelán. Valorouse moi positivamente esta actividade xa que asistiu alumnado das dúas materias que puido poñer en práctica o dado en clase e viu a conexión entre as dúas linguas, apreciando o interese de estudar ambas as dúas na universidade. Ademais, tamén participaron persoas alleas a estas materias que, tras o obradoiro, animáronse a asistir ás aulas con regulariedade.

Obradoiro galego-portugués peninsular-portugués brasileiro - 1

Volver »